CARNAVAL 2014

Hoxe, último día de febreiro, celebramos o Antroido na escola facendo un festival moi lucido e colorido. Por ese motivo non tivemos clases normais, pero aprendemos outras cousas tan importantes coma facer teatro; confeccionar os traxes cos que nos disfrazamos; as caretas de escaiola, que tiveron a súa dificultade e actuar en púbrico, que tamén tén o seu aquel.  Todos os cursos  realizaron a súa representación e todos fomos moi aplaudidos. Nós fomos de Comparsa Petapouco, cantando coplas coas que nos metemos coa xente, tocando murgas confeccionadas por nós e cuns traxes moi sinxelos, pero coloridos. Finalmente, encargámonos

O pase de diapositivas require JavaScript.

de queimar a Chinto, o noso inseparable meco que todos os anos nos acompaña en Carnaval. Moito o choramos. O arzobispo Lauro, acompañado dos sacristáns Pose e Miguel,  foi o encargado da ceremonia relixiosa e do responso pola súa alma. Deus o teña no ceo.

CÁLCULO MENTAL

A ver cómo agudizas el ingenio resolviendo las siguientes operaciones de manera mental.

Pincha en la imagen.

DSC01842

MÁS SOBRE FRACCIONES

Este es un juego variado sobre fracciones.

Pincha en la imagen.

44

FRACCIÓN DE UN NÚMERO 2

Es un ejercicio semejante al anterior indicado con operaciones combinadas.

Pincha en la imagen y juega.

2014-02-18 14.19.15

FRACCIÓN DE UN NÚMERO

En este ejercicio vas a demostrar que has entendido cómo se resuelve la fracción de un número.

Pincha en la imagen y juega

88

FRACCIONES 2

Otro ejercicio sobre fracciones.

Pincha en la imagen y disfruta jugando

2014-02-21 16.16.32

REALIZACIÓN DOS INSTRUMENTOS

Este ano encontramos cazús. Este é un instrumento moi sinxelo e barato que soa estrepitosamente a impulsos de resoplidos ó facer vibrar unha membrana que leva incorporada. Úsase moito nas murgas e comparsas dos Carnavais para acompañar as coplas cantadas. Engádímoslle un tubo macarrón usado para a condución dos cables eléctricos e pegámoslle ó tubo, para facer o instrumento máis vistoso, cinta illante de cores difrentes. No extremo oposto ó cazú, pegámoslle o cabezal dunha botella de plástico e… trompeta feita.

O pase de diapositivas require JavaScript.

CONFECCIÓN DOS TRAXES DE ANTROIDO

Con bolsas de plástico realizamos o traxe para a Comparsa Petapouco. É un deseño sinxelo, pero moi colorido. Traxe gris-prata, cinto de cores variadas e espalda con cintas coloridas, a modo de tunos. Na faciana, cada neno/a levará a súa careta e, na mán, o instrumento musical.

O pase de diapositivas require JavaScript.

REALIZACIÓN DE CHINTO

Para crear a Chinto necesitouse un mono vello de traballo, zapatos vellos, bufanda, palla, follas de xornal, fío, careta  e silicona quente. Os catro últimos elementos témolos na aula e o outro material foi traído polos rapaces, agás a palla que nola facilitou Marica Carme Alvarellos (esta profe sempre está en todo, non sei que vai ser do Cole sen ela). Os rapaces/as encheron a tripada de Chinto e fixéronlle o pelo con tiras de folla de xornal. Pegámoslle a careta a unha bola plástica chea de palla e confeccionamos a cabeza. Sobre o cranio fomos pegando con silicona unha a unha cada tira de xornal, a modo de mechóns de pelo. Pintámoslle estes cabelos con pintura variada e … cabeza feita. Xunguimos a cabeza ó corpo  por medio dun pau que cravamos no tronco e na cabeza. Na boca de Chinto colocamos un bo puro de papel de xornal. Finalmente pegámoslle os zapatos á tea do pantalón e… quedou Chinto listo para a súa presentación en sociedade, na entrada do Colexio. Alí estará estes días recibindo á xente que nos visite e para entretemento dos alumnos/as.

O pase de diapositivas require JavaScript.

PINTADO DE CARETAS

A segunda parte da confección de caretas é o seu pintado. Aquí, cada alumno/a amosa os seus gustos. Primeiro deixeilles escoller entre as pinturas que na aula había para que diseñasen a faciana da careta. Unha vez pintadas a maioría, deilles a escoller entre repintalas con sprai de ouro, prata, gris… Moitos decantáronse por este outro método. Sobre a pintura de sprai aínda fresco, espolvorearon purpuriña e, o resultado, quedou realmente fermoso.. Aquí unha pequena mpostra.

O pase de diapositivas require JavaScript.

« Older entries