REALIZACIÓN DE CHINTO

Para crear a Chinto necesitouse un mono vello de traballo, zapatos vellos, bufanda, palla, follas de xornal, fío, careta  e silicona quente. Os catro últimos elementos témolos na aula e o outro material foi traído polos rapaces, agás a palla que nola facilitou Marica Carme Alvarellos (esta profe sempre está en todo, non sei que vai ser do Cole sen ela). Os rapaces/as encheron a tripada de Chinto e fixéronlle o pelo con tiras de folla de xornal. Pegámoslle a careta a unha bola plástica chea de palla e confeccionamos a cabeza. Sobre o cranio fomos pegando con silicona unha a unha cada tira de xornal, a modo de mechóns de pelo. Pintámoslle estes cabelos con pintura variada e … cabeza feita. Xunguimos a cabeza ó corpo  por medio dun pau que cravamos no tronco e na cabeza. Na boca de Chinto colocamos un bo puro de papel de xornal. Finalmente pegámoslle os zapatos á tea do pantalón e… quedou Chinto listo para a súa presentación en sociedade, na entrada do Colexio. Alí estará estes días recibindo á xente que nos visite e para entretemento dos alumnos/as.

O pase de diapositivas require JavaScript.

1 comentario

  1. Marcos said,

    Marzo 31, 2014 ás 1:33 pm

    Puxechedes Marica Carmen


Deixar un comentario