EXURSIÓN A VALARÉS

O venres, 25 de maio, fomos de excursión a Valarés todos os cursos de Infantil e Primaria. Saímos en autobús ata a aldeíña de O Couto. Desde alí, os de Primaria partimos andando por un camiño que nos foi levando ata as dunas que hai no empezo de A Barra. Que ben o pasamos! Uns ían cantando, outros falando e todos mirando a paisaxe fermosa chea de flora e fauna singulares deste ecosistema único na Costa da Morte. No camiño, encontramos un miradoiro de aves, recén feito. Á dereita, o monte Branco; á esquerda, o río Anllóns perezoso antes de bañarse na balsa de A Ínsua, zona intermareal, que recibe as augas atlánticas da ría de Corme e Laxe. As dunas! Que gozada! Desde o picote delas, lanzabábanos polas súas empinadas abas ata chegar ó fondo. Si, claro, enchémonos de area. Pero disfrutamos a cachón.

Ás doce, tocou merenda que nos trouxeron os de Protección Civil. Desde as dunas camiñamos pola beiriña da costa seguindo un sendeiro ata Valarés. Valarés! Que espazo tan fermoso e acolledor! Un piñeiral salpicado de mesas de pedra granítica para a restauración e o descanso á sombra do sol abrasador. E unha praia, mellor dito, dúas praias en marea alta e media, de augas frías pero refrescantes nos días de verán. 

Xantamos por cursos, merendamos xeados mercados no chiringuito do restaurante e rematamos xogando na praia. Os quintos retamos aos de sexto a un xogo futboleiro moi simpático sen balón. Gañaron porque abusaron un pouco da súa forza, pero para o ano que ven habemos de gañar nós ós de 5º

Ás catro voltamos para o Colexio. Viñemos cansos, pero felices

O pase de diapositivas require JavaScript.

MILAGRE! 5º A EN INFANTIL!

Pois cumpríuse a solicitude feita á Fada Campaíña! Conquerimos voltar a Infantil. Que pracer!

Foi retrocder uns cantos anos, coma se entrásemos na máquina do tempo e lle désemos ó botón para atrás. Así foi, grazas a nosa querida fada. Ela levounos da súa man e pousounos nun lugar e tempo pretéritos, pero nun aula  mellor ca que tiñamos nós. Esta aula é máis ampla, máis soleada, máis colorida e con máis xoguetes e libros. Esa aula resulta ser real e está na pranta baixa do Colexio, cun gran corredor para xogar nos días de choiva e frío. Os servizos son tan pequeniños coma os de antes, pero agora parecéronnos moito máis ananos. Iso debe ser así porque medramos, claro.

Medramos? Algún, non. Algo pasou nada máis entrar nesa aula! Uns colleron xoguetes e das súas boquiñas saían sons infantís tresaneiros; outros escribían no encerado frases inintelixibles; uns terceiros sentaban o cuíño nos váteres, arrugando os olliños e a boca nun intento simulado de evacuar non sei que; e ata un encolleu de estatura realmente un bo cacho; senón, mirade para Simón!

O pase de diapositivas require JavaScript.

E para mostra de que é verdade o que vos digo, vede as fotos!

ONDE VAN AQUELES TEMPOS DE INFANTIL!

Si, somos nós! Mellor dito, algúns de nós en Infantil, no patio do Colexio As Revoltas, coa mestra Olga, aprendendo contos que, polo que parece, eran moi interesantes. A que estamos guapiños e guapiñas? Que pequeniños eramos! Xa nos gustaría voltar anque fose por uns momentos. Teremos que pedirllo a Fada Campaíña da nosa fermosa noveliña.

E mentras, compas, a ver se nos coñecedes nestas fotos!

O pase de diapositivas require JavaScript.

MEDIMOS SUPERFICIES

Nesta páxina xogaremos con figuras planas. Terás que averiguar a súa superficie.

Ánimo e preme na imaxe

A MESQUITA DE CÓRDOBA

Aquí tedes un exemplo xenial da arquitectura relixiosa musulmán: a Mesquita de Córdoba. Este edificio está declarado Patrimonio Cultural da Humanidade pola súa singularidade, grandiosidade e espectacularidade. Empezouse a construir sobre unha antiga basílica visigótica no ano 786, ó pouco da chegada dos árabes á península Ibérica. Posteriormente foi reformada e ampliada nos diferentes Califatos e  Emiratos dos grandes emires e califas cordobeses.  Reconquistada Córdoba no ano 1238 polos reis cristiáns, pasa a ser catedral católica. Actualmente denomínase indistintamente “Mezquita de Córdoba” ou “Catedral de la Asunción de Nuestra Señora”.

Preme na imaxe

Excursión a Santiago de Compostela!!!

Este venres fomos a Santiago de Compostela. Fixemos 2 Km de percorrido dende o Convento de San Domingos de Bonaval, o Museo do Pobo Galego, ata a Alameda . Vaia camiñata !!!

No museo do pobo galego vimos  cousas antigas, e outras que aínda facemos,    coma a artillería, as vestimentas, os instrumentos, algúns instrumentos de música e a PRECIOSA escaleira helicoidal.

No museo de arte contemporáneo  fixemos casas para bichos que nos mesmos deseñamo.Tamén vimos e explicamos algunhas obras.

Comeramos no xardín de Bonaval, estábase moi ben alí!!!

Fomos ata a Catedral e vimos o “Pórtico da Gloria” , a tumba de Santiago apóstolo, tamén abrazamos o apóstolo.

E, ao fin chegamos ata a alameda que pena que non puiderámos visitala.

Simón e Marcos

O pase de diapositivas require JavaScript.

CRUCIGRAMA VERBAL

En este crucigrama podrás demostrar tus conocimientos sobre el verbo.