CAMPIÓNS DA LIGA DE FÚTBOL

Este equipo de fútbol xa era campión de liga desde o final da primeira volta. Claro, son o Real Madrid e Barça xuntos desta liga de zona. Non en balda están no equipo os Messis, Cristianoronaldos, Chavis, Iniestas, Valdeses… Están tan acostumados a xogar xuntos que teñen as xogadas tan ensaiadas que meten os goles mirando para outro lado, de tacón… e ata se permiten o luxo de fallar penaltis. Ben, no partido de onte pasaron da ducia de goles e só recibiron un en contra. O dito, son uns verdadeiros campións.

FELICIDADES, CAMPIÓNS!!!!

2014-03-14 19.21.13 2014-03-14 19.21.31 2014-03-14 19.21.42 2014-03-14 20.08.43 2014-03-14 20.08.50 2014-03-14 20.08.54

NA DÁRSENA

Ao rematar o día, encamiñámonos para a Dársena, ou sexa, para a estación de recollida e deixada de peregrinos que van visitar a cidade de Santiago. Aproveitamos os minutos de espera para xogar sentados coas nosas compras, especialmente coas que tiñan unha substancia pegaxosa para lanzar contra a perede da estación. Que ben o pasabamos! E así rematou a nosa excursión a Santiago. Agora xa estamos pensando na de Ourense, ás termas. Pero iso será para o remate do curso escolar. Canto tempo falta aínda!!!!

O pase de diapositivas require JavaScript.

DE COMPRAS

Pois si, non podía faltar ir de compras. Para iso nos deron tantos cartos nosos pais e avós. Nada máis dar permiso os neses mestres, asaltamos unha tenda que está na Rúa do Vilar e… quedamos sen cartos en dez minutos. Pero levamos unha che de agasallos para nós e para os nosos familiares.

O pase de diapositivas require JavaScript.

PASEO POLO CASCO VELLO

Despois de visitar a Catedral, demos un paseo polo casco vello, polas rúas que rodean a Catedral. Estivemos disfrutando das fachadas fermosas do Pazo de Xelmírez. Alí probamos fortuna ante a ventá das carreiras coma noutros tempos facían os estudantes que non sabían que carreira escoller. Vimos os soportais da Rúa do Vilar e un guitarrista indio co que nos quitamos unha foto. O botafumeiro exposto nun comercio desa rúa. Outro guitarrista de jaz na Praza da Quintana, co que tamén nos sacamos outra foto. A esta hora xa había moita máis xente polas rúas. Vimos sentados nas escaleiras da fachada da s Praterías a moitos peregrinos de fóra.

O pase de diapositivas require JavaScript.

NA CATEDRAL

Pola tarde á primeira hora, visitamos a Catedral. Antes sacamos unhas fotos no quilómetro cero dos camiños a Santiago, na Praza do Obradoiro. Vimos que estaban  arreglando as torres da fachada así como o Pórtico da Gloria. Cando entramos, estabamos nós sós porque era unha hora pouco habitual de visitas relixiosas. A maioría da xente estaba de sobremesa do mediodía. Recorrémola case toda: abrazo ó apóstolo, visita a súa tumba, estatua de Santiago Matamouros, o Santo dos Croques, o Pórtico da Gloria e recorremos as naves central e laterais, e vimos o Botafumeiro colgado da cúpula central e o altar maior. Gustounos moito. A verdade é que é moi fermosa.

O pase de diapositivas require JavaScript.

XANTAR NA ÁREA CENTRAL

Aínda non acabara a visita ó MUPEGA e xa había fame en moitos de nós. Subimos ó autobús e levounos ó centro comercial Área Central. Devoramos os bocatas e demais viandas que nos prepararon nosas nais. Nada máis rematrar, demos conta de que alí ó ladiño había unha desas máquinas nas que botas un euro e sáeche calqueira cousa rara: ollos de pasta pastosa pegadiza, figuras monstruosas, coches e algúns cachivaches raros.

O pase de diapositivas require JavaScript.

EXCURSIÓN A SANTIAGO

O  venres, día 7 de marzo, fomos de excursión a Santiago de Compostela. Tivemos que levantarnos unha hora máis cedo ca do habitual e coller o autobús escolar dos maiores para chegar ó Centro Escolar á hora debida de saída, establecida para as 9:15.

Alí estabamos todos en punto. Bueno, todos non, faltou Manolito por mor dunha enfermidade. Chegamos ao MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia) a iso das 10:30

O MUPEGA é un museo guai. Está situado preto do Estadio de Fútbol Compostela e do Pazo de Congresos e Exposicións, na zona de San Lázaro. Nel están expostos os elementos relacionados coa pedagoxía (ensino) que durante o século pasado recibiron os nosos pais e avós nas escolas de Galicia. Chamáronnos moito a atención os pupitres da época, enlazados de a dous, coa mesa lixeiramente inclinada hacia os alumnos, os asentos mobibles e un enreixado de madeira para protexer os pés do chan.. Na parte dianteira das mesas había dous vasiños, un para cada neno/a, nos que se introducían as plumas para tintar os plumíns que  funcionaban coma os bolis actuais. Ensináronnos as pizarras e os pizarrillos que suplían os cadernos actuais para facer as contas matemáticas. Vimos os mapas antigos, as esferas terrestres, un teluro (instrumento complexo que explicaba visualmente o funcionamento de rotación e translación interplanetario da Terra, Lúa e Sol), os edificios antergos anteriores a EXB  e posteriores, os xogos escolares… Finalmente, saímos ao recreo coma naqueles tempos dos nosos avós e xogamos á maneira tradicional: á corda, ós aros, ás chapas, á mariola…

Un dos que máis disfrutou foi o noso mestre que rememorou tempos pasados cortando moitas veces as explicacións do monitor Emilio.

O pase de diapositivas require JavaScript.