MULTIPLICACIÓN DUN DECIMAL POLA UNIDADE SEGUIDA DE CEROS

Se clicades nesta imaxe poderedes practicar coas multiplicacións de números decimais pola unidade seguida de ceros.

VEÑA A PRACTICAR E MOITO ÁNIMO!!

CARAS E CARETAS

O venres de Carnaval, día da celebración do Entroido no Colexio, acudimos todos os alumnos/as de Infantil e Primaria ó Salón de Actos para actuar cos nosos disfraces nos diferentes  espaectáculos sobre a celebración do Carnaval polo mundo. Mentras esperabamos as actuacións, había nervos e intranquilidade pola incertidume de como sairían as coreografías ensaiadas cos nosos profes. Mirade as nosas caras… Máis ben parecían CARETAS.

Non vos riades.

O pase de diapositivas require JavaScript.

COMPARSA PETAPOUCO 2012

O pase de diapositivas require JavaScript.

COMPARSA PETAPOUCO

MÚSICA: Carrascás

Carnaval, Carnaval,

Disfrutemos todos moito,

Carnaval, Carnaval,

Nesta festa do Antroido.

 

Rapaces deste Colexio,

Estamos no Carnaval,

Imos botar unhas coplas,

Que non vos pareza mal.

Os da aula de Infantil,

Moi trastes son os neniños,

Pero se  lles riñe a mestra

Vólvense todos boíños.

Cos neniños de 1º

Sefa tén ben que facer,

a algún moito lle costa

sumar, escribir e ler.

Os rapaces  de 2º

Están sempre en movemento,

O mestre nas súas sillas

Vailles poñer pegamento.

E os nenos de 3º

Queren ir de excursión,

Pero os mestres non lles deixan

Por non saber as leccións.

E vós, rapaces de 4º,

Aprendede a resumir,

Porque as vosas redaccións

Fannos a todos durmir.

As nosas compas de 5º

Non levan o curso ben,

Para sacar boas notas

Deben estudar tamén.

Os nosos compas de 5º

Moi larpeiros eles son,

De comer tanto no Antroido

Van sufrir un reventón.

Algúns mociños  de 6º

Son de máis moi abusóns

Porque pegan nos pequenos

E nunca piden perdón.

E as mociñas de 6º

Andan todas namoradas,

Corren detrás dos rapaces

E non queren ser deixadas.

ANO 2012

LETRA: Alumnos/as de 5º A

A nosa mestra Malena

Tén ela roupa moi fina,

Pero non vén  arreglada

Por ter que vir deportiva.

E a mestra Mari Carme,

A que nos dá Relixión,

Sempre vén moi arreglada,

Dando golpes de tacón.

A nosa mestra de Inglés,

Ela é moi presumida,

Tén o corpiño moi feito,

E iso que lle dá á comida.

O noso mestre de Música

Din que é moi bo gaiteiro,

Co tacón do seu zapato

Repenica no pandeiro.

Ó conserxe do Colexio

Gústanlle moito os bombóns,

E da cesta do Antroido

Alguén lle quitou xa dous.

Que tortura a de Xoaquín,

O máis alto das Revoltas,

Tén que baixar a cabeza

Cando pasa polas portas.

O alcalde de Cabana

É moi alto e delgado,

Non precisa de peineta

Porque sempre anda peinado.

As cociñeiras do Cole

Vannos dar un bo banquete:

Patacas fritas, churrasco,

Que están de rechupete.

Con Jose, o mestre anterior,

O que tivo que marchar,

Estamos moi enfadados,

Que non nos veu visitar.

Ó noso maestro Jorge

Doelle moito a cadeira,

E por iso el non pode

Botarnos unha carreira.

Falamos de 5º A

Para rematar as coplas,

Os máis listos e máis guapos

De todos nenos da escola

Cumpreanos de Eloy

O pase de diapositivas require JavaScript.

Onte, día 8 de febreiro, cumpriu anos o alumno Eloy. Agasallou a todos os compañeiros da clase cun paquete de larpeiradas, que repartiu nada máis empezar o recreo. Todos os compas e o mestre felicitárono cantándolle o “Feliz Cumpreano”. Foi un momento ledo para todos, especialmente para Eloy.

CHEGOU O NOVO? MESTRE!

Pois… si. Chegou o novo mestre, aínda que mais ben teriamos que dicir o vello, pois o novo era o que marchou, rapaces.

Despois dun tempo excesivamente longo en dique seco, por unha enfermidade latosa, incorpórome moi ilusionado á laboura académica escolar.

Que gustazo tiven desde o primeiro día o verme con vós, meus novos alumnos, porque é o primeiro curso que estamos xuntos.

Tiña referencia de que erades bos, estudosos, traballadores, disciplinados…e, despois do xa visto, si, teño que dicilo:

SODES MOI BOS ALUMNOS.

E aínda máis,

ESTOU MOI CONTENTO CON VÓS!

Espero ter unha vivencia escolar agradablemente inesquecible.

BENVIDOS A MIN!

E espero que eu sexa:

BENCHEGADO A VÓS!

O mestre Jorge