CARNAVAL 2014

Hoxe, último día de febreiro, celebramos o Antroido na escola facendo un festival moi lucido e colorido. Por ese motivo non tivemos clases normais, pero aprendemos outras cousas tan importantes coma facer teatro; confeccionar os traxes cos que nos disfrazamos; as caretas de escaiola, que tiveron a súa dificultade e actuar en púbrico, que tamén tén o seu aquel.  Todos os cursos  realizaron a súa representación e todos fomos moi aplaudidos. Nós fomos de Comparsa Petapouco, cantando coplas coas que nos metemos coa xente, tocando murgas confeccionadas por nós e cuns traxes moi sinxelos, pero coloridos. Finalmente, encargámonos

O pase de diapositivas require JavaScript.

de queimar a Chinto, o noso inseparable meco que todos os anos nos acompaña en Carnaval. Moito o choramos. O arzobispo Lauro, acompañado dos sacristáns Pose e Miguel,  foi o encargado da ceremonia relixiosa e do responso pola súa alma. Deus o teña no ceo.

1 comentario

  1. Abril 14, 2014 ás 8:15 pm

    Foi un festival moi bonito, e eles fixérono moi ben! E que dicir de como falan en inglés… case os entendo e todo, jeje. A verdade é que me gustou moito.


Deixar un comentario